PanIgnacio é unha empresa familiar que comenzou a sua andaina no ano 1975 e dende esta data o seu obxetivo foi o compromiso coa calidade dos seus productos e o servizo ós seus clientes. Elaboran productos de panadería, empanadas, bolería, pastelería e xelados.

Distinguímonos pola fabricación artesán e diaria de todos estos productos obtendo un resultado de sobresainte seguindo palabras dos nosos clientes.
En calquera dos nosos puntos de venda repartidos pola provinvia de A Coruña e a nosa rede de distribución con máis de 20 vehículos, queremos ofrecerte todos os nosos produtos que seguro alcanzarán a tuas espectativas.

No ano 1975 un xove matrimonio, formado por José Espasandín e Aurea Pérez, embárcanse neste sector na pequena aldea de Ogas, Concello de Vimianzo, seguindo sempre unha pauta de calidade de producto e excelente servicio. En 1986 transládanse ao centro do pobo de Vimianzo avanzando cada día máis e chegando cos seus produtos a novos mercados. Pasiño a pasiño crean novos centros de producción, así no ano 1996 crean un novo Obradoiro na vila de Muros, especializándose en pastelería fina coa colaboración de experimentados mestres pasteleiros. Xa logo chegarían as aperturas das tendas de Noia e a gran aposta que a empresa fai na cidade de A Coruña, coa adquisición dun obradoiro de panadería na localidade de Carral, famosa vila polo seu pan de trigo, para así dar un completo servizo a propia cidade de A Coruña, arredores e Ferrol.

Na actualidade a empresa está dirixida pola segunda xeración, os tres fillos do matrimonio, Ignacio, Fernando e Loli. Seguindo coas bases que adquiriron dos seus pais, calidade e servizo, avanzan cada día na búsqueda de novos mercados, novos proxectos e novas inversións . Actualizarse e modernizarse para optimizar o beneficio convértese na sua meta pero sempre sin esquencer o seus principios. Eles están orgullosos do pasado e preparados para o futuro.

Diferentes accións para o futuro para mellorar ainda máis os nosos productos e sobre todo a loxística. A empresa enfréntase á inversión máis importante neste ano 2012, a creacción dunha fábrica-obradoiro central onde se faga toda a producción, isto permitirá mellorar a calidade dos productos e aumentar o marxe de beneficio, todo esto faranos máis fortes podendo invertir en I+D+I para conseguir máis cota de mercado.
Entre outras accións, lanzarémos a prestar os nosos servizos na cidade de Santiago de Compostela e arredores, aperturas de novas tendas propias en diferentes pobos e tendas na cidade de A Coruña.
Cremos na nosa franquicia como plan de expansión así como os inversores que xa se interesaron nela, aperturas que publicaremos en breve.
Panartesán S.L. 2007
Tel: 981 716 267. Vimianzo - Cee - Muros - Noia - Carral