
Presentámoste todos os nosos produtos, feitos artesanalmente con receitas tradicionais, con esmerados procesos de elaboración e coa selección das mellores materias primas.
Elaborado de forma tradicional con fariñas de gran forza e o seu segredo, a selección que facemos do trigo do país en gran aos propios agricultores da zona. O seu sabor e textura fan que o noso pan sexa un dos máis demandados polos consumidores.
Todo tipo de barras, pans de diferentes cereais, doces e salgados compoñen a nosa oferta que cada vez máis o consumidor demanda pero sempre elaborados de forma totalmente artesán.
Auténtica empanada galega elaborada de forma artesán nas nosas masas, tradicional, de masa de trigo, millo e milfollas. Ademáis ofrecemoste salgaditos, minipizzas, combinación de doce e salgado.
Exquisita e finísima selección das tartas máis tradicionais e máis novedosas feitas sempre de forma artesán e a selección das mellores materias primas. Ofrecémoste tartas, mousses e semifríos, bizcoitos, pan de ovo, etc...
Apetitosa selección da mellor bolería feita de forma artesán xunto coa pastelería máis fina e selecta. Ofrecémoste dende croissants pasando por melindres ata o pasteliño máis elegante.
Entroidos, San Valentín, día da Nai e do Pai, Pascua, festas do Vran, Tódolos Santos, Navidades, Cumpreanos, despedidas de solteiro/a, Bodas e demáis. Unha data un doce..
Creamos soños e ilusións, damos vida a parte máis doce da túa imaxinación, dinos que che gusta e nos sorprenderémoste.
Suculenta e ampla selección dos mellores e máis sorprendentes sabores dos nosos xelados de elaboración totalmente artesán.
Cafeterías ao teu servicio, prensa, servizos de catering de coffee break, distribución a grandes áreas e outros centros, servizo a colexios e colectividades... Máis preto de ti...
Parque de Bolas e Tobogán onde os máis pequenos poden xogar e organizar a suas festas de cumpreanos.
Panartesán S.L. 2007
Tel: 981 716 267. Vimianzo - Cee - Muros - Noia - Carral